 |
Estando o avó na
horta, unha tarde de primavera, un coche anunciou unha festa pola noite no
Campo da Feria. Propúxolle á muller de iren e ela contestou que
xa non era unha nena para bailes. Colleu unha margarida de entre a herba e
volveulle pedir que fosen. Comeza entón unha ladaíña
acumulativa, mentres ela se vai preparando e el a apura para que bula, na que o
avó contesta cada intervención minusvalorativa da súa
muller. Así: cando ela di que é fea coma unha galiña sen
plumas, el resposta que é feitiña coma o sol; pinta os ollos
tristes como a noite sen lúa / como as estrelas da noite; tamén
as pestanas curtas como as patas dunha mosca / como a herba recén
segada; dáse crema na pel arrugada coma o figo paso / como as noces
dunha torta, e brillo aos beizos secos coma a terra dos camiños / coma a
area do deserto; tingue o pelo cincento coma un neboeiro / coma unha nube de
verán; pon unha saia para as pernas fracas como a agulla de calcetar /
como ás de andoriña. E marcharon para obaile. Alí, sen
parar de bailar, a avoa colleu para el unha margarida do chan e díxolle
mirándoo nos ollos: ¡Manuel, es tan feitiño como a
lúa! |