blix



Fina Casalderrey: A avoa ten unha menciña
Ilustracións de Xan López Domínguez
Col. Cabaliño Alado. Serie Trote. Combel Editorial. Barcelona, 2002

A avoa ten unha menciña

Un día de tronada, cos raios debuxando serpes amarelas no ceo e as nubes, asustadas, botando auga sen parar, Pedro non tiña paraugas nin botas de goma e mollouse moitísimo. Ao chegar á casa a mai duchouno e púxolle roupas secas. Seu pai rifoulle por ter tardado. A avoa deulle un bico cheo de cóxegas. El tremaba de frío, espirraba e tusía sen parar. A súa cara volveuse da cor das cereixas. A nai meteuno na cama e levoulle leite con mel. O pai tróuxolle un xarope da farmacia que sabía a "moco de galiñas". Pero a tose non paraba: escóitábase por toda a casa e ninguén podía durmir.
Entón a avoa colleulle unha man entre as súas mans quentes e contoulle un fermoso conto. Así, Pedro deixou de tusir e puido pegar no sono.
Historia en letra caligráfica para primeiros lectores, que alterna nas páxinas con ilustracións a cores.

24 p. - 22x22 cm.                                                          ISBN    84-7864-665-5



.  
TRADUCIÓNS

castelan La abuela tiene una medicina
Il. Xan López Domínguez
Col. Caballo alado. Al trote. Ed. Combel. Barcelona, 2002
22 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-7864-661-2
catalán L'àvia té una medecina
Il. Xan López Domínguez - Trad. Albert Jané
Col. El cavall volador. Trot. Ed. Combel. Barcelona, 2002
22 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-7864-653-1



Opinion