blix



Fina Casalderrey: A avoa non quere comer
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. Cabaliño Alado. Serie Trote. Combel Editorial. Barcelona, 2002

A avoa non quere comer

Nunha casa pequeniña vivía unha nena moi pícara cos pais e unha avoa, que era xa bisavoa, que un día non se quixo erguer da cama. O pai levoulle o almorzo, pero non o quixo; a nai, a comida, e tampouco. Leváronlle os dous a cea, que tamén se negou a comer. Ao día seguinte tampouco quería almorzar nin erguerse da cama. O pai intentou que se levantase colléndoa pola cintura, pero non a deu erguido. Tampouco a nai cunha cinta gorda debaixo dos brazos. E entre os dous tampouco puideron.
Entón a nena pícara fíxolle cóxegas nas orellas, estoupoulle un bico na cara e díxolle: "¡Quérote, parva!". A avoa, contenta, ergueuse e almozou, xantou e ceou.
Historia en letra caligráfica para primeiros lectores, que alterna nas páxinas con ilustracións a cores.

24 p. - 22x22 cm.                                                          ISBN    84-7864-666-3



.  
TRADUCIÓNS

castelan La abuela no quiere comer
Il. Xan López Domínguez
Col. Caballo alado. Al trote. Ed. Combel. Barcelona, 2002
22 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-7864-662-0
catalán L'àvia no vol menjar
Il. Xan López Domínguez - Trad. Albert Jané
Col. El cavall volador. Trot. Ed. Combel. Barcelona, 2002
22 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-7864-654-X



Opinion