| Xosé A.
Neira Cruz: A avoa Encarna fai niño Ilustracións de Noemí López Col. Rañaceos. Everest Galicia. León, 2009 |
![]() |
Encarna sempre fora como un paxaro, de pequena
brincaba como un pimpín; máis grande, semellaba unha fermosa
andoriña; cando medrou máis converteuse en rula, que só se
namoran unha vez na vida, e ela namorouse de Plácido. Pasoulle a vida
nun sopro e un día mirouse nos ollos da neta e sóubose avoa.
Cando enfermou como un paxariño, que murchan como os caraveis sen auga,
metérona nun hospital branco. Pola pequena fiestra, a avoa seguía
querendo voar como o paxaro que sempre fora e aínda era. E unha
mañá abriu as ás, saíu pola fiestra nun descoido da
enfermeira que lle mudaba a cama e fixo un niño nunha árbore.
Agora é unha merla guapa. E cando canta a merla todos na casa saben que
a avoa Encarna regresou. |
|