blix



Paco López-Barxas: A avoa do nobelo branco
Ilustracións de Kristina Sabaite

Col. Xiz de Cor, 19. Ed. Baía. A Coruña, 2009

A avoa do nobelo branco

Narra a voz infantil dunha rapaza que lle gustaba pedirlle á súa avoa, velliña e cun moño no pelo que semellaba un nobelo branco, que lle contase contos. E a anciá sempre tiña fermosas historias para contarlle sobre as gaivotas, que poñen os ovos no fondo do mar para aprender a pescar e nadar desde que nacen e cando baixa a marea escóndense en cunchas pequeniñas como as dos berberechos; do pescador que lle ensinou a falar a unha balea branca...
Pero un día ao volver da escola atopou aos pais tristes e abrazados porque a avoa xa non estaba na súa cadeira. Unha gaivota observábaa na fiestra. Entón achegouse a ela, e acariñando a plumaxe da súa cabeza como se fose un nobelo branco preguntoulle: "Queres que che conte un conto?"
Álbum con texto mínimo e ilustracións que presentan con rotundidade visual os personaxes.

28 p. - 21x21 cm.                                                        ISBN    978-84-92630-29-5



Opinion