blix



Jesús Peteiro: A aventura de Roque no mar
Ilustracións de Beatriz García Trillo

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2004

A aventura de Roque no mar

Aquel día Roque, como viu o mar en calma, decidiu saír de pesca na súa barca. Ao chegar ás illas Pixotas axiña colleu un polbo pequechiño. Pero entón un remuíño abriuse no mar e apareceu un polbo xigantesco que lle reprochou que se atrevese a pescar o seu filliño. Enfadado, papoulle a barca e mais os remos. Roque tivo que volver á costa nadando. Cando chegou á praia estaba morto de fame e cansazo. Na casa, rompeu a chorar pois xa non tiña barca para pescar. Conmovidos, os veciños axudáronlle a facer unha barca nova con cabina.
Agora Roque volve estar contento.

48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN    84-403-0519-2



Opinion