| Manuel Uhía: O
autobús da selva Ilustracións de Manuel Uhía Col. Ala delta. Vermella, 16. Tambre. Vigo, 2008 |
|
![]() |
A
tartaruga Pepa atopou un día un ratiño mancado ao caer dunha
nogueira, que lle pediu que o levase á casa no cacho pois non
podía andar. Así o fixo ela. Os animais pensaron ao vela que
sería bo ter un autobús na selva, e que moi ben podería
ser ela. E a partir dese día tivo que soportar enriba un can, un
león logo, despois o xabaril e mesmo unha xirafa. Todos querían
probar que tal se viaxaba enriba da tartaruga. Até un hipopótamo,
ao que aturou enriba sen dar un paso. O peor foi que Robustina, a elefanta,
tamén pretendía probar. Menos mal que o ratiño a asustou
antes de subirse e convenceuna de que ela sería o mellor autobús
da selva. |
|