blix



Xan Rodiño: A auga
Ilustracións de María Lires

Col. Contos para crecer. Ed. Sotelo Blanco. Santiago, 2002

A auga

En sinxelos pareados e presentados cun traballo de ilustración que combina o minimalismo das figuras inxenuistas, ás veces co recurso a referentes fotográficos, cun fondo colorista que crea un ambiente amable, explícanse algunhas características elementais da auga nunha linguaxe sinxela. Así:
A auga que cae de riba, baixa polos regatos e nela navegan os patos. Dá forma ao gran mar e vive apracible en estanques. Dá de beber a animais e plantas, apaga a nosa sede, aínda que a da fonte non sabe a nada e a do mar, salgada. Por veces mostra a súa furia coa tronada. Sen ela a vida non é posible e mesmo forma parte das persoas... Por iso hai que coidala...

24 p. - 16x16 cm.                                                          ISBN    84-7824-421-2



Opinion