| Luís
Ben: Atopan un can Ilustracións de Luís Ben Col. Uxía e os Pillabáns, 1. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2006 |
|
Uxía vai xogar ao parque e atópase co amigo Fito,
que lle mostra o can que atopou choromicando no portal da casa. Tamén
está xogando á pelota Pipo coa súa amiga Noa. O cadelo
empeza a brincar con ela ou coas pombas. Os catro intentan atopar o dono, pero
segue sen aparecer. Mentres, o can, que non ten paraxe, bota a correr cara a un
home, un veciño de Fito, que resulta ser o amo, quen, agradecido,
cómpralles unhas larpeiradas por lle ter atopado o can. E os catro
rapaces quedan para xogar ao día seguinte. |
|