blix



Marta Álvarez: A aspironeta
Ilustracións de Marta Álvarez

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2005

A aspironeta

A Zip, a aspiradora, cambioulle a vida cando chegou K-38, último modelo en aspiradoras robóticas que aspirofregaba, aspirocosía, aspiroguisaba e aspirofacía incluso deliciosas tortas de chocolate. A ela pechárona no faiado, sen deixala facer nada. Para recuperar o seu prestixio, tentou tender a roupa ou atender o teléfono, pero todo o aspiraba. ¡Se até aspirou o gato! Foi cando a botaron ao vertedeiro máis cercano. Alí caeu nunha profunda desaspiración.
Até que a recolleu Sabela, unha nena moi pillabana, para o seu taller, onde lle fixo unha aspirotransformación: pintouna de moitas cores, púxolle ás e unha hélice. Converteuna nunha aspironeta, encargándolle a misión de aspirar as nubes negras e levalas lonxe, pois por culpa delas levaba chovendo sen parar dúas semanas e os nenos e nenas non podían xogar na rúa. Ao que a viron, as nubes xuntáronse formando un nubeiro impresionante que ela enguliu e desaspirou nun sitio seco e ermo. Alí, descargaron toda a súa furia de auga, facendo medrar de todo: plantas, árbores, catro coellos e mesmo un fósil de brontosauro.
Daquela, a Zip volveulle cambiar a vida: os medios de comunicación fixéronse eco da nova e converteuse no aparato de moda. O seu éxito foi total.

30 p. - 18x20 cm.                                                             ISBN    84-9782-366-4



Opinion