![]() |
Clara de Saá: O
armario de Ana Ilustracións de Blanca Barrio Col. Plis-Plas, 3. Radio Galega. Pontevedra, 2000 |
|
Como Ana acababa de mudarse de casa, invitou a dous amigos a
merendar. Ensinoulles o seu cuarto, cun armario tan grande que non puideron
resistir a tentación de meterse nel. O peor foi que non daban
saído e cando, por fin, deron aberto a porta atopáronse diante
dun castelo. Entraron. O dono, Lois III, contoulles que estaba a piques de
chegar o dragón que estragaba as colleitas e tiña aterrorizada a
toda a xente. Estaban no ano 1020 e eles debía ser os enviados para
liberar a todos os habitantes da tiranía do monstro. Menos mal que a
Manoliño ocorréuselle premer o botón da máquina dos
videoxogos: de súpeto, o dragón desapareceu. |
|