| Xoán
Babarro: O arco da vella Ilustracións de Carmen Queralt Col. Cabaliño Alado. Serie Trote. Combel Editorial. Madrid, 2001 |
|
Era unha vez un sol brillante e unha gorda nube branda que o
tapa. Por iso ela ten frío e chora pingas mil sobre o río. Como o
sol quere ver esa chuviña, pinta co pincel de farol un grande arco de
cores: é o arco da vella, que pasa polos regos e salta polos montes.
Escóndese nos cabaliños dun carrusel, para que a nena e o neno
xoguen con el. |
|
|