| Iván Sende: O
arco da vella Ilustracións de Xosé Tomás. Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2009 |
|
![]() |
A
vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando el un día embarcou, ela
entregoulle o abrigo que lle tecera con sete fíos de la e el deixoulle
nos labios un bico e na man un anel de prata. Nunca volveu, pero Maruxa,
apañando nos grelos ou montando na moto, ollaba o anel e non o
esquecía. Pero unha noite o anel non estaba no dedo. Remexeu por todas
partes na casa e na horta sen éxito. Entón con sete cabos dos
sete fíos de la argallou unha escada que atou á punta dunha
estrela e armada cunha vasoira subiu por ela. Varreu sete veces o ceo mais non
atopou o seu anel entre as constelacións. Co seu cazaboloretas apresou
setecentas setenta e sete estrelas, mais tampouco o viu. Nin cun potente
imán co que removeu satélites, naves espaciais e sete mil
planetas. |
|