blix



Fran Alonso: A araña e mais eu
Fotografías de Manuel G. Vicente

Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2009

A araņa e mais eu

Conta unha voz infantil que un día alegre unha araña gorda e fea aterrou no seu corpo e:
explorou unha deda avultada como un kiwi
subiulle aos nocellos rugosos como unha mandarina
paseoulle as pernas grandes e lisas como a papaia
paróuselle no xeonllo redondo como unha mazá
rastrexoulle as nádegas aveludadas como a pel dun pexego
quíxolle entrar no embigo misterioso como un coco
gabeoulle polas costas suaves como a pel dunha sandía
detívose nos peitos diminutos coma figos
alcanzoulle o pescozo revirado como un mango
percorreulle o queixo aquelado como unha pera
observou a boca fresca como unha ameixa
continuou ata o nariz afiado como un amorodo
contemploulle os ollos redondos como cereixas
chegolle á fronte dura como a monda dun melón
perdeuse na selva do pelo ensarillado como un acio de uvas
finalmente, brincou ao baleiro desde a cabeza e díxolle adeus coas patas
logo, desapareceu, tecendo entre as dúas unha corda de amizade.
Que vén sendo a que o lector atopa tendida entre a limpa concepción das fermosas fotografías, o lirismo elocuente do texto e el mesmo.

44 p. - 22x22 cm.                                                        ISBN    978-84-8464-534-4



Opinion