blix



X. H. Rivadulla Corcón:¿A que veñen as gaivotas a Compostela?
Ilustracións de Andrés Meixide

Col. Branco de cores, 2. Ed. Sotelo Blanco / Consorcio de Santiago
Santiago de Compostela, 2006

¿A que veñen as gaivotas a Compostela?

Unha familia de gaivotas (os pais e tres filliñas) escaparon do frío dos acantilados xunta ao mar e viñeron aniñar na catedral. Pero tamén alí ía frío, polo que baixaron á Quintana e ao Obradoiro, e chiaban pedíndolle axuda á xente contra o frío. Mais ninguén parecía entendelos. Sara foi onda Branco de Cores á busca dunha solución: que puxesen un abrigo. Pero non había abrigos para gaivotas e ninguén llelos podía facer. Soamente as dúas Marías, que poderían revivir, segundo lles dixo o escultor que estaba no café "O Suso", se lles levaba torta de Santiago. E así ocorreu. Elas pedíronlle a cada neno que atoparon un anaquiño de tea de abrigo e foron tantos os nenos que llelo deron que puideron coser cinco abrigos de moitas cores, que deixaron no adro de Santa Susana debaixo do banco onde está a estatua de Valle-Inclán. Entón, o pai gaivota viaxou á costa para contarlles a todas as gaivotas o que pasara.
Dende aquela, cando algunha alá ten frío vénse para Compostela, onde pola noite "As Marías" espertan e fanlle un abrigo coas teas que os nenos composteláns lles regalan.
Por iso as gaivotas veñen a Compostela.
Historia en formato álbum que se ambienta nos espazos representativos da cidade.

28 p. - 23x22 cm.                                                            ISBN    978-84-7824-507-3



Opinion