blix



Fina Casalderrey: Apertas de vainilla
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2007.

Apertas de vainilla

A Roi non lle mete medo a escuridade: vive rodeado de montañas e de soños non moi lonxe do mar. A súa mellor amiga chámase Magali, á que lle gusta que el lle conte historias de animais. Até que un día, cando escampa e o ceo pinta un enorme arco da vella, vai á casa de Roi cun agasallo de despedida: está triste porque ten que ir vivir a outra cidade. Regálalle a súa frauta e el a ela as súas luvas de ra con raias de morcego e ovella, unhas luvas verdes con raias brancas e negras. Porque para el as cores teñen nomes de animais. Tamén Lía, a cadeliña que pasa todas as tardes con eles, está triste. Roi rompe a chorar porque non quere que se vaia e unha bágoa esvara pola meixela de Magali. Pero ela sabe dun xogo fantástico ao que poderán xogar aínda estando lonxe: abrir as ventás e contarlles cousas ás nubes, que as transportarán no seu ronsel de escuma branca, de escuma de ovella. E despídense con apertas de vainilla.
Pasado un mes, el segue a escachar coa risa cando, aburrido, abre a ventá, grita a Magali que xa sabe montar a cabalo e xa toca a frauta de marabilla e o eco repite as últimas sílabas.
Porque Roi, aínda que non ve cos ollos, é moi espelido.

32 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN    978-84-9865-011-2



Opinion