| Xavier
Frías Conde: Os anxos de Amalia Ilustracións de Montse Adell Col. Tren Azul.Os meus contos favoritos. Ed. Rodeira. A Coruña, 2006 |
|
Amalia cre nos anxos. Para confirmar, pregúntalle
á súa mai se existen, e ela contesta que non; sen embargo, a avoa
dille que si. Xa non sabe a quen crer. Segue preguntando: o pai responde que
non sabe; a outra avoa, que si existen, mais só os ven aqueles que
queren velos. Cando se deita, está atenta aos ruídos por se
descobre algún. Se pecha os ollos, ve manchas brillantes que se moven e
a saúdan, mais ao abrilos non están; ao pechalos de novo, un anxo
de rostro moi brillante explicalle que só o pode ver cos ollos pechados.
Entón queda durmida, acougada, porque á fin viu o seu
anxo. |
|
|