| Mon Daporta:
Os meses Ilustracións de Anxo Fariña Col. Antón e Pompón. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
|
Antón faise un lío co calendario con tantos días e tantos
meses. Cómpre botarlle unha man xuntando os nomes coas cousas que fan.
Así: se comeza o ano, hai neve e frío, é xaneiro; febreiro
é o máis pequeno, o do entroido; marzo é o do tempo
revolto; en abril as plantas énchense de flor; maio é un mes de
xogos e festas; en xuño remata a escola e comeza o verán; xullo e
agosto son para descansar e bañarse fuxindo da calor; en setembro volve
a escola; outubro pon as follas de cores e maduran castañas e noces; en
novembro faise o magosto; en decembro é o Nadal de alegría e
agasallos, cando remata o ano. |
|