blix



Mon Daporta: As formas
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Antón e Pompón. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

As formas

Antón e Pompón xogan e os pelelliños, que son capaces de mudar a súa forma, imítanos copiando todo canto ven.
Así: como ven unha moeda, adoptan a forma de círculo; de cadrado, a semellanza da foto nun marco; de rectángulo, como o libro; triangular, como as estrelas.
Tamén poden ser unha esfera, como a pelota; ou un cubo, do mesmo xeito que o dado; un cilindro, tal o refresco; un cono, igualiño que o sombreiro; e mesmo un prisma, pois así é a caixa do agasallo.
Finalmente, Antón e Pompón fan estas oito figuras en papel e cartón.
Colección protagonizada por Antón, un rapaz con moitas ganas de aprender, e o rato Pompón, que atopou un día no seu zapato e desde entón son moi bos amigos. Os Pelelliños son uns seres máxicos que só os rapaces poden ver. Góstalles rir, brincar e xogar cos nenos.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

24 p. - 12x31 cm.                                                            ISBN    84-96403-77-7



Opinion