blix



O angazo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

O angazo

Hai moitos anos os nenos e nenas da aldea traballaban a terra desde moi novos. Era unha vida dura pero divertida. A Pepiño, o que máis lle gustaba era anagazar a herba, e mentres os outros descansaban á sombra el seguía. Pero moitos días marchaba coa barriga medio baleira para a cama e as tripas ruxíanlle coa fame. Un día viu na vila un cartel que anunciaba viaxes a América e decidiu marchar como outros fixeran xa. Os pais aceptaron disgustados, mais era o mellor para el.
Partiu nun vapor do porto de Vigo. Pasados uns meses chegou a primeira carta: traballaba no comercio dun veciño da aldea máis horas que no campo pero xa empezaba a aforrar. Despois de varios anos, chegou outra carta: volvía á aldea a pasar o verán. Veu con traxe e chapeu e fumando en paipa. Semellaba todo un señor, notábase que fixera fortuna en América. Aos amigos da aldea faláballes con algo de soberbia: chamáballes "pibes" cun acento raro, como se fose arxentino.
De paseo polo campo con eles chegaron onda un angazo. Co seu acento dicía que non sabía o que era aquelo (que tanto lle gustaba cando era pequeno): agora que era rico, dáballe noxo recoñecer a ferramenta do campo. Sen querer pisou os dentes do angazo e "¡Mala rabia parta o angazo!", dixo, como se de repente recuperase a memoria e o fermoso acento campesiño de cando era neno.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-95350-89-0



Opinion