blix




Manolo Uhía: O anel
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. O Trolebús, 15. Ed. Casals
Barcelona, 2001

A princesa e o dragón

Conta Iria que aos seus quince anos, sen poder gardar máis o segredo sobre o que lle pasou cando tiña nove, deixou na rúa este caderno no que conta todo. Este que o lector acaba de atopar.
Todo comezou cando marchou de vacacións para a casa da avoa dous meses de verán. Subiu un día ao faiado, á busca de restos da maxia que seica posuíra a tataravoa. Nun libro de fábulas de Esopo atopou un papel, só lexible por nenos menores de dez anos, no que se dicía que o anel máxico, que convertía durante dez minutos os seres vivos no animal que se desexase, estaba na vella figueira. Con outra condición: non lle contar o segredo a ninguén. Entón comezou Iria a facer uso dos poderes do seu talismán: converteu a gata en xirafa, a amiga Clara en coello, a un compañeiro burlón en burro e á profe de matemáticas en can. E a véspera de cumprir os dez anos culminou o seu soño converténdose en aguia, salvo a cabeza, aínda que antes houbo de transformar a dous gamberros do parque en grilos. Chegou mesmo a sobrevoar o mar e xogar con dúas gaivotas.
Despois, agachou o anel, aínda que non pode dicir onde. Se cadra, algún lector atópao e pode pasalo tan ben como ela o pasou.

94 p. - 20x12 cm.                                                          ISBN    84-218-2438-4



Opinion