blix



autor         ·         lector         ·         colección         ·          género         ·         año



Agustín Fernández Paz: Ana e o tren máxico
Ilustracións de Enjamio

Edicións Xerais de Galicia/ Caixanova
Vigo, 2001

Ana e o tren máxico

A Ana gústalle mirar pasar o tren desde a fiestra do seu cuarto. Veloz, camiño da cidade, nunca para na súa pequena vila, onde non hai estación. Pero aquela tarde, un tren con locomotora e catro vagóns, canso e lento, parou xusto diante da súa casa. O revisor convidouna a subir. Comezou así unha viaxe fantástica.
Paseando por los vagóns, descobre que todos son diferentes, por dentro e na paisaxe exterior (terras francesas, latinoamericanas e africanas), en correspondencia cos personaxes que neles atopa, que lle propoñen cadansúa adiviña. Por cada unha que atina, recibe unha fermosa caixiña. Se consegue cinco, chegará a coñecer un gran segredo. A quinta adiviña exponlla o maquinista, xemelgo do revisor, que lle presentara a primeira. De volta na casa, puido abrir as caixas: contiñan senllas pezas douradas dun puzzle que, unidas, compuxeron o "Libro das infinitas historias".
Edición con novas ilustracións e revisión textual de "Un tren cargado de misterios". Simplificada a trama (reducidas a cinco as adiviñas e caixas...), cun enfoque distinto da ilustración e un formato de caderno-libro, diríxese a un posible lector máis novo.

16 p. - 28x21 cm.                                                          ISBN     84-8302-621-X



Opinion