blix



Tareixa Alonso: O anano saltareiro
Ilustracións de Fernando L. Juárez

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1998

O anano saltareiro

Érase unha vez un muiñeiro que por falar co rei perdeu o tino e díxolle que tiña unha filla capaz de fiar palla e convertela en ouro. O rei, avarento como era, encerrouna no palacio nun cuarto cheo de palla, coa ameaza de facela matar se non conseguía nesa noite transformala en ouro. A rapaza, asustada, choraba sen saber cómo saír do apuro. Entón apareceu un trasno ofrecéndose a fiarlla a cambio do seu colar. A noite seguinte, con máis palla, a condición foi o anel. E houbo terceira noite: se volvía ouro a palla que ateigaba un inmenso cuarto, o rei casaría con ela. E outra vez o trasno conseguiullo, desta vez a cambio do primeiro fillo que tivese.
Pasado un ano, o trasno veu reclamar o fillo. Ante o desconsolo dela, deulle unha oportunidade: se en tres días atinaba o seu nome deixaríallo quedar. Un emisario que a raíña mandou a pescudar polo reino descubriuno saltando arredor dunha fogueira mentres cantaba o seu nome "anano saltareiro". Como ela llo dixo, o trasno pegou unha patada no chan e tragouno a terra para sempre.
Adaptación do texto de W. e J. Grimm en formato álbum.

40 p. - 20x20 cm.                                                          ISBN    84-95123-22-3



.  
TRADUCIÓNS

castelan El enano saltarín
Il. Fernando L. Juárez - Trad. Tareixa Alonso
Col. Libros para soñar. Kalandraka. Sevilla, 2005
34 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-9638-818-2



Opinion