blix



Alberto Varela Ferreiro: Anamarciana no Planeta Vermello
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro

Col. Merlín, 152. Eds. Xerais. Vigo, 2005

Anamarciana no Planeta Vermello

Conta a voz narradora dunha rapaza que, segundo explicou na Escola Sideral a mestra, dona Estela, Marte, o planeta vermello do universo multicolor, é o cuarto do Sistema Solar en distancia ao Sol e un dos máis quentiños. Hai moitos millóns de anos terrícolas era un planeta estupendo para vivir, con mares e praias. Nel vivían os seus avós de novos, pero tiveron que emigrar porque estaba tan contaminado, que acabou converténdose nun deserto vermello...
Un domingo, o avó levouna de excursión na súa vella nave, o pote fotónico, pilotado polo robot Ambrosio. Ían tamén o irmán, a vaca Lolaescaiflai e o can Quásar. É moi semellante á Terra pois ata ten dous casquetes polares con xeo, pero máis pequeno. Alí o día dura 40 minutos máis e o ano 687 días. Na súa fina atmosfera, composta principalmente de dióxido de carbono, a vaca aproveitou para orbitar un pouco e facer un paseo extravehicular. O hemisferio sur está cheo de cráteres como na Lúa e o norte é bastante chan. Ten o volcán máis grande do sistema Solar, o monte Olimpo, tres veces máis alto que o Everest. Entre os dous hemisferios hai unha rede de desfiladeiros, Valles Marineris, enorme, ancha e fonda. As temperaturas son moi extremas para nós, con frecuentes tormentas de po. Remataron a excursión cunha pequena merenda campestre nun día despexado. De volta, na escola fixeron unha festa dedicada a Marte, o precioso planeta vermello do noso universo multicolor.
Todo isto ilustrado cunha técnica moi vistosa que combina a fotografía co tratamento gráfico plano e de trazos xeométricos.

48 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-9782-279-X



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion