blix



Alberto Varela Ferreiro: Anamarciana
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 2000
Premio Lecturas 2002 - De 8 a 10 anos

Anamarciana

Anamarciana é unha rapaza que vive no planeta quintodereita do sistema bisolar, cheo de planetas de cores redondos como balóns. Ten un fedello de irmán, a súa mai ten un negocio de exportación de asteroides de chocolate e seu pai traballa tapando buratos negros. Leva pastar as vacas aos campos de estrelas. Vai á escola nun satélite preto do seu planeta e ás veces fan excursións: ao Sistema Alfa-bético cos planetas en forma de letras e tamén ao Sistema Decimal, coa tradicional travesía do cero á esquerda. Tamén lle gusta ir deica os planetas habitados e xogar a facer meteoritos.
Coñecemos así o mundo non tan diferente da protagonista, cunhas ilustracións a toda páxina certamente atractivas.

56 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-8302-521-3



Opinion