| Alberto Varela
Ferreiro: Anamarciana: Vacacións en
Europa Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro Col. Merlín, 131. Eds. Xerais. Vigo, 2003 |
![]() |
Conta Anamarciana que cando chega o verán os nenos da
Escola Interestelar teñen vacacións. E todas as familias
aproveitan para saír de viaxe fóra do planeta Quintoestelar. A
súa familia (sen esquecer a vaca Lolaescaiflai e unhas cantas amigas)
van ata un dos satélites de Xúpiter, a lúa Europa, porque
está sempre cuberto de xeo e ten unha superficie moi plana: é
ideal para patinar. Ademais, no seu Mar Interior pódense practicar
deportes submariños ou intentar pescar luras. Cerquiña hai
tamén moitos lugares interesantes para visitar, como a lúa de
Ío, moi quentiña xa que está chea de volcáns e onde
se poden facer unhas churrascadas moi saborosas. |
|
|
||||||||||