| Tono
Núñez: Amores de Gato e Rato Ilustracións de Susanna Widmann Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2004 |
|
Preséntase neste conto en verso un baile de animais nun
pazo. Coa orquestra do Burro Ramón como trompetista, a Vaca Ciriaca
tocando o tambor e o galo cantando todos o pasaban bomba, agás o Gato
Gota. Non lle gustaba o baile e só cavilaba en como pillar un rato. E
mira ti por onde o pillabán do rato Donato veuno sacar a bailar,
propoñéndolle logo con moito teatro de iren ao tellado por ser un
recuncho máis tranquilo para o amor. O gato deixouse levar. Mais era
unha trampa: alí estaba agardándoo o Can
Pirillán. |
|