![]() |
Clara de Saá: Ambrosio Ilustracións de Encarna González Col. Plis-Plas, 2. Radio Galega. Pontevedra, 2000 |
|
Era a noite de Reis naquela vila de beiramar. Xan deixara os
zapatos debaixo da árbore. Cando Ambrosio, o limpador de estrelas, pasou
por onda a súa ventá, abrigouse e foi con el. Foron ata a parte
máis alta da cidade, o curuto do esquecemento, onde subiron pola escada
aaaaalta e limparon as estrelas. Tamén a de Oriente, un pouco luxada de
percorrer tantas terras, que despois brillaba como nunca e podíase ver
desde calquera país. Logo, afastouse fermosa. |
|