| Cristina F:
Alfombriña Ilustracións de Cristina Ferreirós Col. Contos da igualdade, 3. A Coruña, 2008 |
|
A
Alfombriña chámanlle así porque bota o día e a
noite tirada no chan. Resulta que quere durmir no tellado, comer na
bañeira, camiñar polo teito, ler dentro do armario,
bañarse na lavadora e peitear as formigas co cepillo de dentes... e non
a deixan. Pretenden que faga todo como os demais: durmir na cama, comer na
mesa... En fin, o que fan todos. E ninguén pode levantala do chan. Vaia,
ninguén... até que chega o vento, que a leva voando deica a cima
dun castiñeiro. E tanto lle gustou ver as cousas dende alí enriba
que prometeu que requetexamais baixaría da árbores. |
|