| Luz Soriano
Radío: Alba de Vilalba Ilustracións de Mariana Riestra Crespo Col. Xiz de Cor, 2. Ed. Baía. A Coruña, 2005 |
|
Hai moito tempo vivía nunha esquecida vila unha nena de oito anos, Alba.
Vivía feliz no castelo do seu pai, o conde. Pero un día xurdiu
unha gran desgraza: nunha pequena granxa, un galo medrou ata acadar o
tamaño dunha ovella. Como os donos da granxa non tiñan para
mantelo, deixárono abandonado na fraga. Entón empezou a roubar
comida nos celeiros e agros dos arredores. Volvérase agresivo e
perigoso, e todos lle tiñan medo. O conde mandou os soldados para
capturar o monstro, mais só algúns regresaron, derrotados e
feridos. Mesmo chegou a ofrecer grandes cantidades de ouro a quen matara o
Capón (que así lle chamaban). Coa chegada do inverno, agravouse o
problema pois moitos pasaban fame e outros morrían de frío por
non se atrever a ir á fraga por leña. Menos mal que a Alba se lle
ocorreu unha solución: propúxolle ao polo, grande como unha casa,
que fose á vila e diante dos nenos comera todas as lambonadas e doces
que ela lle dese, pero se lle doía a barriga tería que abandonar
o lugar e non volver máis. Durante un mes comeu todas cantas larpeiradas
lle deron os veciños, até morrer de enchente. Como se acercaba o
Nadal, prepararon o polo entre todos os habitantes e comérono. E co que
sobrou seguíronse mantendo até que medraron as sementes e
engordaron os animais. |
|