blix



Ánxeles Ferrer: Aiko
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Rañaceos. Everest Galicia. León, 2007

Aiko

Aiko vivía nun lugar rodeado de altas montañas. O día que ía nacer seus pais plantaron unha cerdeira ao pé da casa. Medrou xogando debaixo das súas pólas mentres seu pai tecía os cestos de vimbio que logo vendía no mercado da vila. Pero ultimamente volvia á casa sen vender nada, polo que un día decidiu marchar a un país próspero. Trocou o cabalo por diñeiro e marchou, anunciando que cando na primavera botase flores a cerdeira volvería para levar a muller e a filla ao fermoso país.
A neve cubriu as montañas, as andoriñas volveron e as pólas da cerdeira cubríronse de flores diminutas... Os días pasaban sen traer novas do pai. Os primeiros ventos do outono espiron a árbore, regresou a neve e chegou o Nadal. E el non regresaba! Unha noite, a nai cortoulle una pequena póla á cerdeira, tallou unha boneca cun pequeno coitelo co que o home traballaba os cestos de vimbio, fíxolle un vestido con retallos de tea, trenzou o cabelo con la e envolveuna en papel dourado. E foi espertar a Aiko, entregándolle o paquete chegado dun país arredado enviado polo pai. A rapaza xogou moitos anos coa boneca nacida da póla da cerdeira.
O pai nunca regresou. Cando Aiko xa medrara moito, soubo que a embarcación na que marchara nunca conseguira chegar a aquel país da prosperidade. Elas seguiron sendo pobres, como case toda a xente que habitaba aquel lugar esquecido.
Edición que integra esplendidamente a cálida sensibilidade do traballo de ilustración e da historia.

48 p. - 21,5x28 cm.                                                  ISBN    978-84-403-0926-6



Opinion