blix



Breogán Riveiro: O afundimento do Tiránic
Ilustracións de José Tomás

Col. Barriga Verde, 1. Ed. Baía / IGAEM. A Coruña, 2007
IV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques. Modalidade infantil

O afundimento do Tiránic

Margarida, a típica princesiña dos contos fachendosa, filla de don Importante, sobe ao Tiránic, o barco do pirata D. Capitón, que soamente pretende quedarse cos cartos dos pasaxeiros, polo que argalla diferentes maneiras para facerse cos seus billetes. Tamén embarca Chispi, un pobre con roupa chea de mendos de cores e a única pertenza dunha bolsa de plástico atada a un pau. Malia os desastres do capitán, que abre unha vía de auga cun disparo, o barco non se chega a afundir porque entre todos os pasaxeiros conseguen evitalo. Aínda que, guindados como lastre ao mar, unha Quenlla devólveos a cuberta, a mesma que, famenta, dá boa conta do capitán. E, inevitablemente, mesmo coas diferencias que resolven a paus, Chispi e Margarida han ser marido e muller.
Peza de teatro cómica en catro actos a modo de farsa, con personaxes caricaturescos, para o lectorado e os espectadores infantís.

45 p. - 22x14 cm.                       ISBN    978-84-96526-98-3 / 978-84-453-4436-1



Opinion