blix



Gloria Sánchez: Adiviñas de animais
Ilustracións de Óscar Villán

Col. Infantil. Primeiros lectores
Ed. Obradoiro/Alfaguara. Santiago de Compostela, 2004

Adiviñas de animais

Conxunto de 25 adiviñas en verso breve e áxil con forte sabor popular no que as onomatopeas, anáforas e estruturas paralelísticas converten as rimas en pequenas melodías. O xogo das palabras figura dobremente ilustrado, pois mínimas ilustracións substitúen algúns grafemas proporcionándolle ao texto un dinamismo visual tipográfico moi atractivo.
Os protagonistas son animais diversos (dende o mosquito á balea, dende o can á bolboreta...), grandes e pequenos, bos e malos, de terra, mariños e aves... Todos eles forman parte da cultura tradicional ou móvense no territorio común da infancia.

24 p. - 19x16 cm.                                                          ISBN    84-8224-527-9



.  
TRADUCIÓNS

Castelán Adivinanzas de animales
Il. Óscar Villán
Col. Próxima parada. Ed. Alfaguara. Madrid, 2004
21 p. - 19x16 cm / ISBN: 84-204-2866-3



Opinion