blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Sabela Álvarez Núñez: Adiviñas de papel
Ilustracións de Ana Isabel Rei Lamas

Col. O Parrulo, 20. Ed. Ir Indo. Vigo, 1999

Adiviņas de papel

Textos rimados sinxelos que conteñen once adiviñas de temática próxima aos pequenos lectores. Hai elementos do mundo cotián como as agullas do reloxo, a goma de borrar, a cadeira, a tixola, as tesoiras, o disco de música ou os zapatos; outros lúdicos como o carrusel ou o popular personaxe do gato con botas; ademais, figuran o tren ou o carro máis que como medios de transporte como símbolos tamén do imaxinario infantil.
As ilustracións, nas que se integra o texto, son relativamente explícitas, formando deste xeito parte do xogo de adiviñar. Só ao final se revelan as solucións.

26 p. - 20x17 cm.                                                          ISBN    84-7680-314-1



Opinion