blix



Xavier López Rodríguez: A abella na orella da ovella
Ilustracións de Marta Rivera Ferner

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2007

A abella na orella da ovella

A abella fedella soubo que era chosca cando quedou presa na branca orella dunha ovella pensando que era unha azucena.
O peor foi que ao entrar quedáronlle apegados os pés na cera da orella e tamén as ás, cando a ovella empezou a moverse como se tolease ante o zunido delas alí dentro. Lanzou mensaxes de auxilio ás súas compañeiras de colmea pero xa estaban lonxe. Até que asomou un tabán, que cravou o aguillón na orella da ovella para chucharlle o sangue. Ao sentir o picor, ela botouno ao chan co pezuño traseiro. Entón ela conseguiu desapegarse e saíu, limpou as ás e despegou. Unha vez na colmea, a Raíña díxolle que tiña que estar algo chosca para confundirse así e que non volvese saír soa.
Pero, como tiña vocación de exploradora, ao día seguinte saíu cedo e soa á busca dunhas boas polainas de pole.

48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN    978-84-403-0534-3



Opinion