|
PREMIO OURENSE DE CONTOS
PARA A MOCIDADE Casa da Xuventude / Agrupación de Libreiros de
Ourense
1984. 1985. 1986. 1987. 1988.
1989. 1990. 1991. 1992. 1993.
1994. 1995. 1996. 1997. 1998.
1999. 2000. 2001. 2002. 2003. |
Xosé Carlos Caneiro O caso de Horacio Silveira, que
quería ser neno e non o deixaron Anxos García
Sumay O devalo Xosé Manuel Paramos Neira A
caída dun contrabandista e camanduleiro Afonso
Vázquez-Monxardín A novidade Alexandre
Sánchez Vidal De populorum progressio Pedro
Gonçalves 15024 Pablo José Hermida A
derradeira hora de Lucrecio Xosé Lois G. Sende No
autorretrato de Iris Ciplijauskaite había pó e catro contos
máis Ánxeles Alfaya Auga Varrida Eva
Moreira Fontán Catálogos Ánxeles Alfaya
A recortada Antón Riveiro Coello Historia da
pusilanimidade Ana Cristina López Mala espiña
Marisé Suárez Leal Sobre toupas, castañas e
outras nimiedades Xonxa Fernández Currículum
vitae Martiño Maseda Lozano Todo por unha teima
Eva Moreda Rodríguez Veas Verdes Marta Pérez
Martín Chungungo Xosé Díaz
Díaz Nun edificio Pablo Pión Dacal Polbo
á feira |
A Casa da
Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, coa
colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense,
como contribución á gran festa da cultura galega que se celebra o
17 de maio, «Día das Letras Galegas», convocan o Premio
Ourense de Contos para a Mocidade. Participantes.
Poden concorrer tódalas persoas entre 14 e 30 anos que o desexen, con un
ou varios relatos. Tema. Os traballos, de tema
libre, deberán ser orixinais e inéditos, non poderán estar
premiados noutros concursos e estarán escritos en galego.
Extensión. A extensión mínima
será de seis folios, e vintecinco a máxima, mecanografados a
dobre espacio e por unha soa cara (entre 8.000 e 33.000 caracteres en total).
Entrega. Os traballos entregaranse na
Secretaría da Casa da Xuventude (Celso Emilio Ferreiro, 27. 32004 -
Ourense). Pódense enviar por correo.
Presentación. As narracións presentaranse
baixo pseudónimo e irán acompañadas dun sobre pechado, no
exterior do cal figurará o pseudónimo (así como a
indicación «menor de 17 anos», se este fose o caso), e no
interior unha fotocopia do DNI mailo título ou títulos dos
contos, así como enderezo e teléfono. Os organizadores agradecen
o envío a maiores dunha versión informática do texto, ben
en disquete (Word ou formato compatible), ou ben por correo electrónico
(a casaxou@teleline.es). Prazo. O prazo de
presentación remata o 25 de abril. Fallo. O
xurado dará a coñecer o seu fallo antes do 17 de maio.
Premios.
PRIMEIRO
PREMIO: 600 euros.
CATRO
ACCÉSITS de 150 euros cada un. Dous accésits recaerán
necesariamente en concursantes menores de 17 anos (que non os teñan
cumpridos o 17 de maio do ano correspondente). Cada premiado/a só
poderá recibir un dos premios. Os premios poderán ser
declarados desertos. Serán entregados dentro do programa da Feira do
Libro de Ourense. Edición. Os organizadores
editarán os contos premiados. |
|
|