Participantes. Poden participar alumnos de 3º e 4º
de ESO e Bacharelato que cursen estudios en Galicia, e non teñan
cumpridos os 20 anos o 31 de decembro do ano anterior ao do fallo.
Modalidades. Os traballos deberán ser orixinais e
inéditos, escritos en lingua galega e poderán concorrer nas
seguintes modalidades: Poesía: un conxunto de
tres poemas, de tema e forma libres. Narración:
con extensión máxima de seis folios mecanografiados a dobre
espacio e de tema libre. Presentación.
Enviaranse cinco exemplares. Neles figurará o título e un
seudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado
introduciranse os datos personais do autor (nome, idade, enderezo,
teléfono particular, curso e Centro onde estudia), que -para acreditar a
súa condición de alumno do Centro- virán selados polo
Seminario de Galego. No exterior do sobre figurarán unicamente o
seudónimo ou lema e o título da obra. Traballos
e plica enviaranse conxuntamente a: PREMIOS LITERARIOS MINERVA. Colexio M.
Peleteiro. San Pedro de Mezonzo, 27. 15701. Santiago de Compostela.
Premios. Tres premios en cada modalidade, de 750, 450 e 300
euros respectivamente, medalla de prata conmemorativa do Certame e
publicación das obras galardonadas nun libro editado polo Colexio
"M. Peleteiro". Se na opinión do Xurado a
calidade das obras así o requerise poderán outorgarse
accésits. Os premios poderán ser declarados
desertos. Xurado. Estará constituído
por escritores e profesores de Lingua ou Literatura de distintos centros de
ensino de Galicia e darase a coñecer con anticipación á
emisión do fallo. Prazo. O prazo de
presentación remata a principios do mes de marzo.
Fallo. Farase público nos medios de
comunicación. Final. A entrega de premios
terá lugar nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel, os
agasallados deberán ler, total ou parcialmente, a súa obra. Esta
quedará en propiedade do Colexio organizador. |