 |
Marga visita no hospital a Mon, que se debate
entre a vida e a morte. De volta na casa, ten un novo desacordo coa mai, quen,
separada e dependente dos tranquilizantes, non soporta nin as ideas nin a forma
de vestir da filla. Non se entenden.
A apertura dun sex-shop onda o instituto altera a vida na comunidade educativa.
Na clase de literatura de Mon debaten sobre o sexo e ven unha película,
que logo se exhibe en proxección pública para que os pais
comproben que non é pornográfica, como comenta con
escándalo a prensa. Daquela dan en aparecer pasquíns acusando a
Mon de homosexual e corruptor de menores. Días despois, disque se
intenta suicidar e por iso está ingresado no hospital. Un policía
vén ao instituto investigar o caso.
Marga comeza a atar cabos porque el lle falara de que había un problema
gordo no instituto. Localiza con Afonso a un compañeiro introvertido que
falta a clases a miúdo. Entón, correndo serios riscos, descobren
unha rede de pederastas na que está involucrado o tío do
compañeiro. Mon intentaba axudarlle ao rapaz e por iso trataron de
sacalo do medio.
Ao final, poida que se cure o compañeiro, como Mon e a súa propia
mai, que ten un problema grave de saúde, e coa que por fin rompeu o muro
de incomunicación que as arredaba. Ademais, o "pijo" de Afonso
parece reciclable...
|