 |
An Alfaya parte da
maxia do Sireno, unha escultura de Francisco Leiro situada no centro de Vigo,
para crear un mundo de fantasía.
¡Sireno, Sireno! é o relato, en primeira persoa, dun neno
que acaba de sufri-la perda do pai e non pode comunicarse coa nai porque ela
non é quen de saír do seu illamento.
O neno só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa
situación, a ensoñación do Sireno será quen o ate
á vida a través da imaxinación.
Tal e como di a autora na presentación desta obra gañadora do
Premio Merlín 1997: "é unha historia escrita co
corazón, e non coa cabeza, por iso debes lela co corazón, e non
coa cabeza, para que así a sintas, e non a padezas".
|