|
Lena Castelo
empata coa curmá Raquel na disputa familiar polo devecido posto de
asistenta no verán do tío Malaquías e da tía
África no laboratorio da Punta das Furnas. A ela tócalle o mes de
xullo. O tío é un sabio experto en Criptozooloxía,
especializado en estudiar os Pés Grandes.
Ela está pendente das mensaxes que chegan polo correo
electrónico. Un día reciben por fin a convocatoria de Meuric para
se xuntaren en Gales e planificar a expedición para estudiar os Almas de
Mongolia. Alá vai o tío. Mentres, ela e a tía viaxan aos
Ancares, atendendo o chamado dun mozo descoñecido en demanda de axuda
para salvar o tangaleirón, o ser mítico daquelas montañas,
que quere capturar un traficante internacional.
A viaxe tórnase unha perigosa aventura cando descobren que o mafioso
é un asasino, co que a tía ten unha vella e dolorosa conta
pendente, que agora poderá saldar. E o coñecemento de Abel, coa
maxia do espacio natural, cambia decisivamente a vida de Lena.
|