blix



Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico
Ilustracións de Fran Jaraba
Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1994
Premio "Merlín" 1994
Premio da Crítica 1995

A expedición do Pacífico

Relatada en primeira persoa, a novela conta, en dez capítulos, a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a protagonista, Emilia, unha rapaza que, para poder participar na viaxe, se ten que disfrazar de neno.
O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de España- ata 1871 -ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun xeito realista e verosímil. Abundan as referencias á historia e ós coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa navegación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce anos e chega feita unha muller.
No "Epílogo" faise referencia á verdadeira expedición ó Pacífico na que se inspira a novela, que tivo lugar entre os anos 1862 e 1866.

192 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-7507-862-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Col. Guías culturais, 7. 1996



A expedición do Pacífico . Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico


Col. Fóra de Xogo, 47. Eds. Xerais. Vigo, 2000



Reedición en colección xuvenil sen ilustracións.


160 p. - 21x13 cm.         ISBN    84-8302-554-X



Opinion