blix



Xavier Alcalá, Carlos Vila Sexto e X.A. Neira Cruz: Contos da ruta
VIII Tren Caixa Galicia - Ruta Marítima Ría de Arousa 96
Ilustracións de Ramón e Beatriz Prado
Col. Nova 33, 14. Convenio Tren Caixa Galicia. Santiago, 1996

Contos da ruta

Volume que recolle os relatos realizados con motivo do VIII Tren Caixa Galicia organizado e patrocinado pola Xunta de Galicia, Renfe e Caixa Galicia, coa colaboración do concello de Rianxo, Gálix e as empresas Jealsa, Coca Cola e Donuts.
Xavier Alcalá en Viaxando: O tren ás nubes lévanos á provincia de Salta, no Noroeste arxentino.
Carlos Vila Sexto en Diábolo, seguindo as técnicas das narracións orais, conta a historia dunha biblioteca situada nunha aldea do Caurel e do seu bibliotecario, quen, axudado polo gardián das palabras, terá que loitar contra o cazador das palabras.
Xosé Antonio Neira Cruz en Paio Gómez Chariño, "... a mui grande coita do mar" (publicado como volume independente co título de Paio G. Chariño), relata a viaxe dun profesor da Universidade de Santiago de Compostela ó s. XIII, coa finalidade de acadar un orixinal inédito dos cancioneiros galego-portugueses que o leve á fama. Para conseguilo solicita a axuda dun enxeñeiro experto en alteración dos parámetros xeotemporais.

191 p. - 19x11 cm.                                                            ISBN    84-89231-13-3



{short description of image}

A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion