| Xosé A. Neira Cruz:
O xenio do Sultán Ilustracións de Xulia Barros Col. A maxia das palabras. Dirección Xeral de Política Lingüística. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1998 |
|
Conta a historia que houbo unha vez un sultán en
Turquía que tiña canto podía desexar e mesmo era
razoablemente querido polos seus súbditos. Pero non se sentía
satisfeito: quería ter un xenio ao seu servicio, como os monarcas dos
contos que lle leran de neno. |
|