blix



Xosé A. Neira Cruz: María está a pinta-lo mar
Ilustracións de Noemí López

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 1998

María está a pinta-lo mar

María Pel de Azucre é unha nena pechada no cuarto-gaiola dun hospital que arela poder ver o seu mar natal.
A mestra-fada dálle a solución: un rotulador azul. Con el pinta na saba todo o mar, cos seus golfiños, illas, o barco dos piratas despistados... Cansa, queda durmida e sóñase a si mesma a xogar na praia coas gaivotas, dourándoselle a súa pel esbrancuxada... pero o pelo non lle medra. Asoma entón unha serea que, logo de se pintar María unha saia de escamas prateada, marcha con ela visitar os reinos submarinos.
E xa non volveu ao seu cuarto do hospital. Segue a pintar o mar.
A forza deste libro é dobremente conmovedora, por ser froito dunha experiencia real.

28 p. - 18x18 cm.                                                               D.L.    2132/1998



María está a pinta-lo mar   Xosé A. Neira Cruz: María está a pintar o mar
Ilustracións de Noemí López


Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2001

Reedición revisada noutra colección.

48 p. - 21x19 cm.         ISBN    84-403-0415-3



Opinion