| Xosé A. Neira Cruz:
O home máis rico do mundo Ilustracións de Fernando L. Juárez Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001 |
|
Nesta adaptación a partir do conto popular
cóntase que había unha vez un rei obsesionado por acumular
riqueza, que non saía do palacio contando e recontando a súa
fortuna. Preocupado por se habería no reino alguén máis
rico ca el, organizou unha festa para que todos presumisen mostrando o que
tiñan. Foi desfilando ante el a rea de millonarios do reino: desde o
salón do trono fíxoos pasar en ringleira para autorizar a
súa posible participación na festa segundo a súa
ostentación. Podía estar tranquilo: ninguén chegaba
sequera á metade do que el posuía. |
|