| Xoán Couto:
A casiña de chocolate Ilustracións de Macu Fontarigo Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1998 |
|
Un leñador abandona os fillos, Hänsel e Gretel, no
bosque, por non ter con qué mantelos, segundo idea da súa muller
e madrastra deles. Pero conseguen volver sós seguindo as pedriñas
que ciscaran no camiño. Vólveos levar e cómelles un paxaro
as migallas de pan que foran deixando polo que, perdidos, dan nunha
casiña de chocolate: o engado dunha vella bruxa para atraer nenos e
comelos. Logo de alimentalo ben, disponse a cociñar ao rapaz pero a
irmá é máis aguda que a bruxa e bótaa ao forno.
Como na casa había moitas pedras preciosas, lévanllas ao pai e
foron os tres felices, morta xa a madrastra. |
|