Profesora de Lingua e Literatura Galegas na Ensinanza Secundaria, é
autora de libros didácticos relacionados co estudio da lingua e da
literatura do noso país, ademais de crítica literaria no campo da
literatura infantil e xuvenil, con colaboracións na prensa e
intervencións en diferentes cursos e xornadas.
Estudiosa do tema de coeducación, defínese
como feminista independente e promoveu con outras mulleres da cultura a
publicación da Revista Galega de Mulleres Festa da Palabra
Silenciada, co obxectivo de potenciar a creación feminina e o
pensamento feminista.
Deuse a coñecer como escritora infantil co conto O
rei de nada, polo que recibiu o 1º Premio no Concurso de Contos
Infantís "O Facho" en 1979.
|