autores

a
Xelucho Abella Chouciño
Xosé Agrelo Hermo
Xoaquín Agulla Pizcueta
Xavier Alcalá
Marilar Aleixandre
An Alfaya
Fran Alonso
X. Mª Álvarez Cáccamo
Sabela Álvarez Núñez
Azucena Arias Correa
Alberto Avendaño
b
c
d
e
f
g
h
i
j
l
m
c
o
p
q
r
s
t
u
v
x
z
Fran Alonso .
Francisco Alonso Villaverde
(Vigo, 1963)

   Licenciado en filoloxía galego-portuguesa, está profesionalmente vencellado ao xornalismo e á edición. Redactor na tan interesante como frustrada experiencia do Diario 16 de Galicia, a súa vontade de ser testemuña da realidade, presente tamén na súa creación literaria e na paixón viaxeira, maniféstase en colaboracións en diferentes medios (o semanario A Nosa Terra, o xornal La Voz de Galicia ou a revista Tempos). Desde 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.
    Autor dunha importante e recoñecida obra narrativa e poética e merecedor de galardóns como o Premio Blanco Amor de Novela Longa, cre que a literatura axuda a comprender mellor o mundo no que vivimos. Fillo inexcusable deste tempo, confesa que lle gusta escribir máis co corazón que coa cabeza e reivindica a capacidade subversiva de toda literatura como posibilidade de lanzar unha ollada interpretativa e crítica sobre a realidade persoal e colectiva.


   1997 . Cidades Premio Rañolas de literatura infantil e xuvenil 1998
   1999 . O brillo dos elefantes
   2001 . "Depende de nós" (en Contos para levar no peto)
   2002 . A casa da duna





Home