autores

a
b
c
d
e
f
g
h
i
l
m

c
Xosé A. Neira Cruz

o
p
q
r
s
t
u
v
x
z
Xosé A. Neira Cruz .
Xosé A. Neira Cruz
(Compostela, 1968)

   Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo), foi redactor da revista Tempos e na actualidade, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixe a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.
   Os premios literarios (co seu primeiro libro, Ó outro lado do sumidoiro, recibiu o Premio Merlín en 1988, que gañou tamén na edición do ano 2000 pola obra xuvenil As cousas claras) avalan unha das traxectorias máis sólidas da literatura infantil-xuvenil galega. Os gatos de Venecia foi finalista na VIII convocatoria do Premio Lola Anglada no 1991. Fíxose merecente do Premio O Barco de Vapor nos anos 1997 e 1999 polas súas novelas Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón, respectivamente. E gañou a edición do 2002 do Premio Raíña Lupa con O armiño dorme, novela ambientada na Italia do século XVI.
   Unha parte importante da súa producción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); o sorprendente As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López, máis rotundas na reedición para a colección Montaña Encantada; María está a pinta-lo mar, entenrecedora historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura unha nova e orixinal colección (Sondeconto), onde a literatura infantil e a música van collidas da man; ademais, a recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais O xenio do sultán.
   O seu traballo divulgador da nosa tradición literaria entre os nenos e mozos combina a información rigorosa coa amenidade da peneira literaria e a imaxinación nas biografías de algúns dos principais escritores da literatura galega de todos os tempos. Comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así vivu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). E no 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publica nunha edición institucional espléndida para primeiros lectores senllas lúdicas introduccións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.
   Na actualidade é o responsable da colección Sete Mares da editorial Galaxia e profesor de Xornalismo na USC. En setembro do ano pasado foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY - Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28 Congreso desta organización internacional.


1989 . Ó outro lado do sumidoiro Premio Merlín 1988
1990 . Melanio e os paxaros
1992 . "Un somnífero moi particular" (en Contos da campaña, 3)
1993 . "O plumífero de Xurxo" (en Tres triscadas)
        . Os gatos de Venecia
1994 . "Rosalía tralas máscaras do tempo" (en Contos da viaxe) / (Rosalía -1997)
1995 . "Castelao no Mar do Tempo" (en Contos da travesía) / (Castelao -1997)
1996 . "Paio gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" (en Contos da ruta) /
           (Paio G. Chariño -1997)
1997 . Ánxel Fole
        . As porcas porquiñas
1998 . Valdemuller Premio O Barco de Vapor 1997
        . O xenio do sultán
        . Caramelos Martín Codax
        . Rumbo á illa de San Simón
        . Xograr Cangas e Asociados
        . María está a pinta-lo mar
1999 . "Orellas de podengo" (en Imos xuntos camiñar)
2000 . Os ollos do tangaleirón Premio O Barco de Vapor 1999
        . As cousas claras
        . A memoria das árbores
2001 . A caixa do tesouro
        . O home máis rico do mundo
        . "Un agasallo inesperado " (en Contos para levar no peto)
   TRADUCCIÓNS
  {short description of image}  {short description of image}

Coa colaboración da Biblioteca "Nova 33" - Obra Social Caixa Galicia




Home