O traslado familiar
para Ferrol permitiu a súa integración desde a nenez na cultura
galega. Enxeñeiro de telecomunicacións, comezou a escribir en
galego letras de cancións para Andrés do Barro. Autor dunha
prolífica obra narrativa e cronista de viaxes varias, coa súa
Patagonia e Arxentina a miúdo como un pano de fondo inalterable,
aproximouse á narrativa para lectores xoves con textos que son
tamén crónicas dun tempo histórico.
|